logo Muvicla

Historia

A nosa historia

  • Restauración do primeiro tractor da colección, o Massey Ferguson 65.

  • Construción do primeiro espazo dedicado a museo, o “Pendello tipo feira” adosado ao que era o establo.

  • Nacemento de AGAMAC, Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica. Coa ilusión de poñer a Galicia no marco europeo do patrimonio arqueolóxico industrial agrario, e aumentar a autoestima do traballador do campo.

  • Primeira peregrinación da historia en tractor clásico a Santiago de Compostela, desde o Cebreiro, organizada por AGAMAC, coa presenza de tres tractores de MUVICLA, o Barreiros 335, conducido por María, o Fordson Super Major, conducido por Manuel e o Massey Ferguson 65 conducido por Marcos.

  • Inicio da transformación do antigo establo a museo.

  • Primeiros eventos realizados nas instalacións do futuro museo: a actuación da Filharmónica de Lugo, e a celebración do congreso do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

    Nacemento do nome MUVICLA (Rexistrado) e de AAMUVICLA, asociación que axuda a xestionar MUVICLA.

  • En xuño, inauguración oficial das instalacións de MUVICLA.

    En outubro, presentación de MUVICLA en Madrid.

  • En maio, obtención do recoñecemento como CENTRO MUSEÍSTICO polo CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA, pasando a ser o primeiro centro museístico Galicia con este recoñecemento.

    Superáronse as 1000 visitas rexistradas.