logo Muvicla

MUVICLA acolle a III Edición da xornada "O Glamur é do máis rural que hai"

12 de setembro de 2026
MUVICLA acolle a III Edición da xornada "O Glamur é do máis rural que hai"

O vindeiro 12 de setembro de 2026, as instalacións de MUVICLA (Museo vivo e integrado do campo e da locomoción agraria), situadas nunha casa de labranza tradicional de máis de 200 anos de antigüidade en Trasliste, Láncara (Lugo), celebrarán a terceira edición do evento "O Glamur é do máis rural que hai". Esta xornada, organizada polo propio museo e que conta con numerosas entidades colaboradoras, desenvolverase dende as 16:00 ata as 20:00 horas co obxectivo de difundir os valores, as capacidades, o coñecemento e a calidade de vida que ofrece o mundo rural galego.

O programa comezará cunha recepción de asistentes e a benvida a cargo de María J. Bande Castro ás 16:05, seguida da inauguración oficial ás 16:10 por parte de Fernando Seoane Antelo, ex-xogador de fútbol profesional e responsable da Ganadería Fernando Seoane. Ao longo da tarde, o público poderá desfrutar de diversas presentacións singulares, destacando "Ducati e o glamour do rural" impartida por Serafín Rodríguez Trashorras, e a conferencia "Coqueteos coa maquinaria agrícola, Pegaso e Alfa Romeo", a cargo de J. Rubén Abelaira Gesteiro.

Un dos momentos máis agardados será a mesa redonda ás 18:00 horas, titulada "O rural debe ter glamur?", moderada pola xornalista Ana Casanova Vila. Este espazo de debate contará coa participación de destacadas profesionais e gandeiras: Sandra López López, Gemma Rojo López, Uxía Salvatierra Otero e Lucía Casal Vázquez. A xornada será clausurada por Alberto Uría Moreno e rematará cunha degustación de produtos galegos ás 19:30 horas. Ademais, o evento estará amenizado con distintas interpretacións musicais en directo ao longo da tarde.

Para acudir á xornada o aforo é limitado, polo que a organización sinala que é imprescindible confirmar a asistencia chamando ao teléfono 619 389 069 ou escribindo ao correo electrónico muvicla@muvicla.org.


Data
12 de setembro de 2026

Documentos:

Programa