logo Muvicla

MUVICLA reivindica o papel activo dos museos no encontro de centros museísticos de Galicia

26 de marzo de 2026 - 26 de marzo de 2026
MUVICLA reivindica o papel activo dos museos no encontro de centros museísticos de Galicia

Marcos Vázquez Marey, director de MUVICLA, participou no encontro sobre centros museísticos de Galicia, onde lanzou unha mensaxe clara: os museos non son só espazos de conservación, senón institucións vivas con capacidade para xerar coñecemento, fortalecer a memoria colectiva e dinamizar cultural e socialmente o territorio.

A xornada, presidida por José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, contou tamén coa presenza de Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura, e de María del Carmen Calviño Rodríguez, subdirectora xeral de Arquivos e Museos. O encontro confirmou que o futuro dos museos galegos pasa por sumar capacidades, construír unha marca cultural compartida e avanzar cunha visión estratéxica, na que MUVICLA pode e debe ser parte activa deste camiño.


Data
26 de marzo de 2026 - 26 de marzo de 2026